A chuvia chegará pola tarde este domingo

A chuvia chegará pola tarde este domingo
A chuvia chegará pola tarde este domingo

As temperaturas oscilarán entre os 8 e os 18 graos

Durante esta xornada o aire frío das capas altas da atmosfera irase retirando progresivamente, polo que a situación meteorolóxica será algo menos inestable. Así, os ceos estarán alternando nubes e claros, con bancos de néboa matinais; pola tarde medrarán nubes de evolución que darán lugar a chuvascos illados ocasionalmente treboentos. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

En Santiago espéranse ceos con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o domingo pola tarde. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas sen cambios.


Comentarios
Lo más