Continúa a inestabilidade en Compostela

Continúa a inestabilidade en Compostela
Continúa a inestabilidade en Compostela

As tempertaruras en Santiago oscilarán entre os 8 e os 16 graos

Unha bolsa de aire frío en altura achegarase novamente a Galicia no comezo da semana, polo que a inestabilidade aumentará. Con esta situación, agárdanse ceos moi anubrados, con chuvascos máis probables pola tarde no interior. Bancos de néboa matinais en vales de interior. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Ventos frouxos de dirección variable, rolando a nordés ao final da xornada.

En Santiago espéranse ceos con nubes e claros, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. A probabilidade de chuvia continúa aínda que con menos forza que en días anteriores. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas sen cambios.

Comentarios
Lo más