Lousame inicia o reparto a domicilio dos libros do terceiro trimestre entre o alumnado do CPI Cernadas de Castro

O Concello de Lousame comezou este martes o reparto a domicilio dos libros do terceiro trimestre entre o alumnado do CPI Cernadas de Castro. Unha tarefa que será asumida por voluntarios de Protección Civil e persoal municipal, en coordinación coa dirección do centro escolar lousamiá.

Así, esta mañá a conselleira de Ensino, Silvia Agrafojo, e a directora do CPI Cernadas de Castro, Pilar Cobas, coordinaron a entrega do material no patio do centro escolar. “Hoxe mesmo xa empezamos pola parroquia de San Xusto e nos próximos días entregaranse os libros nos domicilios do alumnado en todas as parroquias de Lousame”, explica a concelleira de Ensino, quen agradece o labor do voluntariado municipal e do persoal municipal.

Un centro escolar ao que recentemente se lle entregaron tres ordenadores portátiles con conexión a Internet gratuítas, achegados pola Xunta de Galicia e destinados ao alumnado das familias con menos recursos económicos. Uns equipos e conectividade que as familias reciben como préstamo persoal para facilitarlles ao alumnado o seguimento da actividade educativa mentres dure o estado de alarma.  

Comentarios