Comezaron as obras de repavimentación en Ribeira

Comezaron as obras de repavimentación en Ribeira
Comezaron as obras de repavimentación en Ribeira

Esta semana arrancou unha nova actuación consistente na reposición do pavimento asfáltico na rúa do Canal e no camiño entre Ameixida e Os Paramos, ambas vías situadas na parroquia de Castiñeiras.

A obra está sendo executada pola empresa Movimientos de Áridos y Construcciones de Arosa, S.L.. A súa execución comportará un investimento de 36.320 euros, financiados polo POS da Deputación. O seu prazo de execución son dous meses.

Ambos viales presentan un firme en aglomerado asfáltico bastante deteriorado en certos tramos, razón pola cal se persegue a súa mellora a través dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros de espesor, previa limpeza das súas marxes.

Cómpre lembrar que a pasada semana despois da autorización estatal para a reanudación de actividades non esenciais se retomaron en Ribeira obras públicas municipais por valor de 1,1 millóns de euros, coa previsión de sumar posteriormente novas intervencións por 460.000, entre as que se inclúen a arriba mencionada actuación de pavimentación en Castiñeiras.

Comentarios