Empregados municipais inician unha recadación de fondos contra a suspensión de Trump á OMS

Empregados municipais inician unha recadación de fondos contra a suspensión de Trump á OMS
Empregados municipais inician unha recadación de fondos contra a suspensión de Trump á OMS

Invitan a todos os interesados a unirse a iniciativa

A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa do Concello de Santiago de Compostela crean un fondo para a recollida de donacións “Trumca suspensión OMS por covid 19” entre os empregados municipais e todo aquel que queira participar para recadar fondos destinados a contrarrestar a suspensión, do presidente Trump, da financiación á Organización Mundial da Saúde en medio da loita global contra o Covid-19, que xa deixa dous millóns e medio de contaxios e máis de 178.000 mortos en todo o mundo.

"Nós, os Traballadores da administración local de Santiago, cremos na importancia da OMS para superar esta crise, e queremos amosar a nosa confianza nos traballadores e traballadoras desta institución, canalizando a nosa solidariedade cas persoas e países máis desprotexidos contra a pandemia, a través dos programas e actuacións da OMS. En concreto, promoveremos unha campaña derecadación de fondos que donaremos á conta habilitada pola OMS para a loita contra o COVID 19", sinalan os empregados municipais nun comunicado.

Podese realizar un donativo (dende 25,00 €, 50,00 €, ou 100,00 €) realizando unha transferencia bancaria á conta habilitada pola Xunta de Persoal e Comité de Empresa do Concello de Santiago:

  • Número de conta: ES79 2080 0395 6330 0001 2182 • 
  • Concepto: OMS-COVID-19 + (NIF/CIF) + NOME OU DENOMINACIÓN DO/A DONANTE.
  • Comentarios