Novo luns de manifestación virtual para os pensionistas de Santiago

Novo luns de manifestación virtual para os pensionistas de Santiago
Novo luns de manifestación virtual para os pensionistas de Santiago

Así o fixeron no primeiro luns de Abril cando xa non podían sair e ir ao Obradoiro

Dada a situacion de Alerta Sanitaria na que nos atopamos, a Asociación de pensionistas non pode ir como cada primeiro luns de mes ao Obradoiro na súa loita por unha pensión digna. Desde a asociación queren, como xa fixeran a principios de abril, facelo de forma simbólica lucindo os seus chalecos desde as ventás e balcóns da cidade.

Dende a Plataforma creen que é importante non abandonar a loita e que as súas demandas sigan chegando á sociedade. Os xubilados de Santiago esixen que a pensión mínima debe ser igual ao salario mínimo e alcanzar os 1.084 euros. 

Comentarios