Os ceos grises e a chuvia seguen sendo protagonistas en Compostela

Os ceos grises e a chuvia seguen sendo protagonistas en Compostela
Os ceos grises e a chuvia seguen sendo protagonistas en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 15 graos

O xoves non se agardan cambios significativos na situación meteorolóxica, xa que Galicia seguirá na influencia das borrascas atlánticas, con réxime de ventos do suroeste. Así, os ceos estarán anubrados, con chuvias de carácter intermitente máis probables na metade oeste da Comunidade. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará do suroeste, con intervalos fortes no litoral e zonas altas.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións ao longo de todo o día. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que ascenderán moderadamente.


Comentarios
Lo más