Demandan máis partidas orzamentais para os emprendedores

Demandan máis partidas orzamentais para os emprendedores
Demandan máis partidas orzamentais para os emprendedores

Os Populares tamén suxiren que se valore a creación dunha conta de achegas cidadás en favor de autónomos e pemes 

Dende o Grupo Municipal popular remitiu ao Goberno localunha listaxe  de partidas orzamentarias a fin de que explique o seu concreto e inicial destino -contemplado con anterioridade a crise- e a fin de valorar, no seu caso, a posibilidade de derivar esas consignacións en favor dos emprendedores, nutrindo unha liña de axudas a fondo perdido para o pagamento de cotas á Seguridade Social ou para outros gastos fixos, priorizando aos autónomos e pemes que acrediten unha maior necesidade.

Conta de achegas en favor dos autónomos, e a achega do Grupo Municipal

Os Populares tamén lle veñen de suxerir ao Goberno local que, á vez que se crea una partida específica de axudas directas para autónomos e pemes (con partidas do orzamento inicial que deviñeran menos necesarias ou que deviñeran inexecutables ou que puidesen transferirse aos investimentos financeiramente sostibles cubertos polos remanentes), valore e lle dea publicidade debidamente a creación dunha conta bancaria de achegas privadas que nutra a posible partida municipal en favor dos autónomos e pemes.

A xuízo do Grupo Popular, o feito de que Santiago sexa unha das cidades galegas con maior renda per cápita e cunha alta porcentaxe de traballadores do sector público con estabilidade no emprego, permite confiar na solidariedade interprofesional.

Así mesmo, o Grupo Municipal Popular comprométese a achegar a esa conta en favor dos autónomos e pemes unha parte dos ingresos do Grupo como modesta expresión das renuncias que deben facerse nos orzamentos públicos en favor de autónomos e pemes.

Comentarios