A Escola de Xadrez de Lousame obtén uns bos resultados no I Torneo Provincial de Xadrez Xogade, disputado a través de Internet

A Escola de Xadrez de Lousame obtén uns bos resultados no I Torneo Provincial de Xadrez Xogade, disputado a través de Internet
A Escola de Xadrez de Lousame obtén uns bos resultados no I Torneo Provincial de Xadrez Xogade, disputado a través de Internet

A Escola de Xadrez de Lousame ben de obter uns bos resultados no I Torneo Provincial de Xadrez-Xogade, competición en liña a través da plataforma web Lichess na que participaron preto de 150 nenos e nenas da provincia da Coruña nas categorías sub 10 e sub 14. De feito, os xogadores lousamiás mesmo acadaron un meritorio quinto posto na clasificación final da categoría Sub-14, quedando así ás portas da fase final que rematou gañando o Xadrez Brétema.

Os once rapaces e rapazas integrantes da Escola de Xadrez de Lousame recibirán unha medalla conmemorativa da súa participación no torneo, no que xogaron contra todos os participantes no torneo, salvo os do seu propio equipo. A entrega de premios terá lugar unha vez rematado o confinamento.

O torneo foi organizado pola Agrupación Deportiva As Rías, en colaboración co programa Xogade da Xunta de Galicia. Tivo lugar a través da plataforma de xadrez en liña lichess.org os pasados 18 e 19 de abril e nel participaron diversos clubs de Santiago (Escola de Xadrez Compostela, USC e Peleteiro), Lousame, Noia, A Pobra, Oroso, Vedra, Ames, Val do Dubra, Negreira e Narón.

Iniciación ao xadrez

Por outra banda, o profesor Alberto Dios, da Escola de Xadrez de Lousame, vai poñer en marcha un Curso de Iniciación ao Xadrez, clases gratuítas para nenos e adultos a través de Internet que terán lugar no mes de maio. Unhas sesións dirixidas a persoas que non coñezan este xogo, pois aprenderán as regras xerais e os movementos das distintas pezas. As inscricións poden realizarse a través do WhatsApp 633 447 674 ou no mail albertodiosqu@hotmail.es.  

Comentarios