A asociación de empresarios do polígono industrial Augalevada doa 3.000 euros a Cáritas Noia

A asociación de empresarios do polígono industrial Augalevada doa 3.000 euros a Cáritas Noia
A asociación de empresarios do polígono industrial Augalevada doa 3.000 euros a Cáritas Noia

A doazón será destinada á compra de alimentos

O alcalde do Concello de Noia, Santiago Freire Abeijón, e a concelleira de Economía e Facenda, Laura Salgado García, mantiveron este sábado unha reunión con representantes da asociación de empresarios do polígono industrial de Augalevada. 

Un encontro celebrado nas instalacións da casa consistorial de Noia e no que os representantes dos empresarios noieses aproveitaron para facer entrega “dun talón de 3.000 euros á directiva de Cáritas de Noia para que continúe co seu labor de subministrar e abastecer de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade no municipio”, explica Freire Abeijón. 

A directiva de Cáritas agradeceu a doazón da asociación empresarial noiesa, que será destinada á adquisición de alimentos para as persoas e familias de Noia en situación de vulnerabilidade.

Comentarios
Lo más