Este xoves, 7 de maio, realizaranse traballos de desinfección viaria en Bertamiráns e no Milladoiro Facebook Twitter Telegram

Este xoves, 7 de maio, realizaranse traballos de desinfección viaria en Bertamiráns e no Milladoiro Facebook Twitter Telegram
Este xoves, 7 de maio, realizaranse traballos de desinfección viaria en Bertamiráns e no Milladoiro Facebook Twitter Telegram

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (antigo Ministerio de Fomento), a petición do Concello de Ames ante a Subdelegación do Goberno, realizará este xoves, 7 de maio, traballos de desinfección viaria nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro

Un camión cun depósito de 9.000 litros do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (antigo Ministerio de Fomento), que se utiliza habitualmente para esparexer sal nas estradas e autoestradas, adaptouse para desinfectar as rúas e zonas de paso máis empregadas mediante a aplicación polo sistema de nebulización dunha solución de hipoclorito sódico diluído.

Debido a isto, recoméndase non estacionar vehículos nas marxes das rúas do Milladoiro e Bertamiráns, en horario de 21.00 a 23.00 horas, para que non sexan salpicados con dito líquido desinfectante. Este mesmo traballo vaise a desenvolver nas urbanizacións de Aldea Nova, Agro do Muíño e As Mimosas.

Limpeza e desinfección viaria no rural e nas zonas urbanas
Estes traballos de limpeza e desinfección viaria estanse realizando tanto no rural como nas zonas urbanas. Os traballos de limpeza e desinfección estanse levando a cabo por todas as parroquias do concello. No rural préstase especial atención á limpeza e desinfección de zonas onde hai máis afluencia de persoas como poden ser tendas de alimentación, farmacias e as zonas onde hai colectores de lixo.

Ademais, reforzouse o servizo de baldeo (cisterna, lava-beirarrúas, carriños de baldeo e pulverizadores para aplicar os produtos hixienizantes) e limpeza das zonas con maior afluencia de xente como son os supermercados, tendas de alimentación, centros de saúde, farmacias, estancos e mobiliario público (papeleiras e farois).

Cómpre lembrar que ante a imposibilidade de realizar o servizo de mercado de rúa destínanse eses medios para reforzar e baldear as rúas principais do núcleo de Bertamiráns. Ademais, ante a imposibilidade de que a veciñanza acuda ao Punto Limpo do Milladoiro, o operario que traballa neste servizo municipal incorporouse tamén a tarefas de limpeza viaria e baldeo no Milladoiro.

Comentarios
Lo más