Lousame inicia o reparto de máscaras reutilizables para nenos e nenas, doadas pola Iniciativa Solidaria Noia

Lousame inicia o reparto de máscaras reutilizables para nenos e nenas, doadas pola Iniciativa Solidaria Noia
Lousame inicia o reparto de máscaras reutilizables para nenos e nenas, doadas pola Iniciativa Solidaria Noia

O Concello de Lousame está a repartir esta semana un total de 225 máscaras infantís reutilizables entre os nenos e nenas de entre 3 e 8 anos do municipio, que foron confeccionadas e doadas pola Iniciativa Solidaria Noia.

 A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, agradece “a achega destas máscaras para nenos e nenas feitas por un grupo de persoas solidarias coas que temos a intención de seguir colaborando, tratando de facilitarlles teas e gomas para que poidan seguir confeccionando máscaras”.

As máscaras están sendo entregadas a domicilio por persoal municipal, que comezou onte mércores a repartir nas parroquias de Camboño, Lesende, San Xusto e Vilacoba. Agárdase que hoxe cheguen a Tállara e Fruíme, completándose a parroquia de Lousame o venres pola mañá. Así mesmo, o Concello de Lousame entregou o pasado luns unhas pantallas, máscaras cirúrxicas e un boletín informativo coas normas de apertura ás tres perruquerías que retomaban a actividade no municipio.

Villaverde Pais desexa expresar “o máis fondo agradecemento do Concello de Lousame cara todas as entidades e empresas que están colaborando coas súas achegas a loitar contra esta pandemia como poden ser Iniciativa Solidaria Noia, Jealsa, ABC Boiro ou Cruz Vermella, sen esquecer a administracións como a Xunta de Galicia, Deputación da Coruña ou Delegación do Goberno; así como o esforzo do persoal dos distintos departamentos municipais, voluntariado e Protección Civil”.

Comentarios