Retómanse as obras de construción do novo comedor do CEIP da Maía

Retómanse as obras de construción do novo comedor do CEIP da Maía
Retómanse as obras de construción do novo comedor do CEIP da Maía

Na actualidade, vanse a executar os traballos de cimentación da base do edificio para despois colocar a estrutura e así poder finalizar a obra o antes posible. Previamente, realizouse a demolición e desmontaxe dos módulos do antigo comedor.

O concelleiro de Educación, David Santomil, achegouse este luns ata o CEIP da Maía. Este día 11 retomáronse os traballos de construción do novo comedor deste centro de ensino. Cómpre lembrar que este proxecto, que foi adxudicado á empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones, S.A. por un importe de 389.575,76 euros, está sufragado con fondos propios do Concello de Ames.


Na actualidade, vaise comezar coa segunda fase do proxecto. Deste xeito, vanse a executar os traballos de cimentación da base do edificio para despois colocar a estrutura e avanzar na execución da obra. Previamente, realizouse a primeira fase das obras que consistiu na demolición e desmontaxe dos módulos do antigo comedor.

Coa construción desta nova infraestrutura preténdese ampliar o número de prazas do servizo municipal de comedor escolar, xa que é unha demanda da comunidade educativa de Ames. Actualmente o número máximo de prazas de comedor no CEIP A Maía é de 330 usuarios/as, mentres o número de solicitudes incrementou de maneira considerable, cunha previsión de 375 a 400 prazas previstas para o presente curso escolar.

Esta capacidade pode ser asumida polo novo comedor, xa que o proxecto contempla un total de 460 prazas. Ademais, coa posta en marcha deste novo comedor hai que ter en conta os custos asociados ao funcionamento deste novo espazo, que supón a creación de máis de 150 novas prazas para o presente curso escolar, das cales 130 corresponden ao comedor do CEIP A Maía.

O concelleiro de Educación, David Santomil, destaca que “esta mañá retomáronse as obras de execución do novo comedor do CEIP da Maía, que estaban temporalmente interrompidas debido á situación de alarma sanitaria".


Comentarios
Lo más