Os casos activos baixan en 309 en Galicia, 56 menos en Santiago

Os casos activos baixan en 309 en Galicia, 56 menos en Santiago
Os casos activos baixan en 309 en Galicia, 56 menos en Santiago

Un total de 7.820 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.322, 309 menos que onte. Deles 530 son da área da Coruña (-76), 133 da de Lugo (-28), 362 da de Ourense (-43), 123 da de Pontevedra (-15), 626 da área de Vigo (-71), 461 da de Santiago (-56), e 87 da de Ferrol (-20).

Do total de pacientes positivos, 25 permanecen en UCI, 166 están en unidades de hospitalización e 2.131 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.820 persoas curadas, rexistrándose 595 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 117.001.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 1,2% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.


Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios