Os casos activos baixan en 143 en Galicia, 25 menos en Santiago

Os casos activos baixan en 143 en Galicia, 25 menos en Santiago
Os casos activos baixan en 143 en Galicia, 25 menos en Santiago

Un total de 7.996 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.179, 143 menos que onte. Deles 532 son da área da Coruña, 124 da de Lugo, 333 da de Ourense, 110 da de Pontevedra, 565 da área de Vigo, 436 da de Santiago, e 79 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 22 permanecen en UCI, 144 están en unidades de hospitalización e 2.013 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.996 persoas curadas, rexistrándose 597 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 118.665.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 1,1% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.


Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios
Lo más