O vieiro de Clara Campoamor queda cortado ao tráfico dende hoxe

O vieiro de Clara Campoamor queda cortado ao tráfico dende hoxe
O vieiro de Clara Campoamor queda cortado ao tráfico dende hoxe

Ademáis tamén se cortará un carril da rúa Sánchez Freire

Con motivo das obras de reurbanización do vieiro de Clara Campoamor, esta rúa vai quedar cortada ao tráfico a partir das 8:00 horas deste xoves 14 de maio e ata o remate das obras. Os desvíos estarán sinalizados de tal xeito que sexa o túnel do Hórreo o que canalice o tráfico na zona sur da cidade (Castiñeiriño) a través da SC-11, avenida de Santiago de Cuba, e tamén para a entrada ou saída dende a SC-20 – N-550.

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, pediu desculpas á cidadanía polas molestias que esta alteración do tráfico poida producir e recomendou aos/ás condutores/as a utilización do túnel do Hórreo e da avenida de Santiago de Cuba. Indicou que, aproveitando a diminución do tráfico con motivo do estado de alerta e da crise sanitaria, se intentarán realizar os traballos no menor tempo posible. 

Así mesmo, con motivo da colocación dun elemento auxiliar de obra, este xoves 14 de maio, entre as 8:00 e as 12:00 horas, estará cortado ao tráfico un carril da rúa de Sánchez Freire. 

Comentarios