Despois da tormenta, segue a tormenta

Despois da tormenta, segue a tormenta
Despois da tormenta, segue a tormenta

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 20 graos

Non se agardan cambios significativos para o xoves, xa que Galicia segue na influencia das borrascas que se moven ao oeste de Portugal. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos máis probables pola tarde, localmente treboentos. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará do nordés, moderados en xeral, fortes no litoral.

En Compostela agárdanse ceos con nubes e claros. De novo haberá precipitacións, máis probables en horario de tarde e poderán ser de carácter tormentoso de novo.

Comentarios
Lo más