Baixan en 105 os casos activos en Galicia, 12 menos en Santiago

Baixan en 105 os casos activos en Galicia, 12 menos en Santiago
Baixan en 105 os casos activos en Galicia, 12 menos en Santiago

Un total de 8.157 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.074, 105 menos que onte. Deles 516 son da área da Coruña (-16), 117 da de Lugo (-7), 321 da de Ourense (-12), 108 da de Pontevedra (-2), 512 da área de Vigo (-53), 424 da de Santiago (-12), e 76 da de Ferrol (-3).

Do total de pacientes positivos, 21 permanecen en UCI, 123 están en unidades de hospitalización e 1.930 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.157 persoas curadas, rexistrándose 601 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 120.424

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,9% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.


Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios