O Grupo das 15 Cidades Patrimonio impulsa protocolos sanitarios común nos seus cascos históricos como destinos próximos e seguros

O Grupo das 15 Cidades Patrimonio impulsa protocolos sanitarios común nos seus cascos históricos como destinos próximos e seguros
O Grupo das 15 Cidades Patrimonio impulsa protocolos sanitarios común nos seus cascos históricos como destinos próximos e seguros

A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, participou este xoves nunha xuntanza telemática do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España na que se abordou a crise sanitaria e como está a afectar á conservación e xestión do patrimonio.

O presidente da Comisión de Patrimonio e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, destacou que "acordamos impulsar un protocolo de actuación con medidas hixiénico sanitarias comúns no conxunto dos nosos centros históricos e contornas monumentais. Ademais, reivindicamos ao Goberno central que resolva aqueles proxectos que están pendentes da asignación do 1,5% Cultural, canto antes e de forma favorable. Tamén coñecemos unha boa noticia e é que hai un compromiso do Goberno de España para ter unha subvención nominativa de 210.000 €, como foi ata o de agora, e en concreto para o desenvolvemento de todos os programas que temos en marcha desde o Grupo Cidades Patrimonio".

Despois de trasladar "toda a solidariedade e o afecto do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade a todos os afectados polo COVID-19 e ás súas familias", o presidente da Comisión de Patrimonio lembrou que "o Ministerio de Turismo comunicounos que vai ter moi en conta ás Cidades Patrimonio nas próximas campañas de turismo e, a pesar das circunstancias actuais, temos a gran vantaxe de que a maior parte das nosas cidades dependen do turismo nacional e, ademais, as nosas rúas son museos abertos ao aire libre. Non temos ningunha dúbida de que a xente vai querer viaxar, pero as opcións de vacacións van ser destinos próximos e seguros, como as nosas cidades. Por iso, é o momento de poñer en valor o noso patrimonio e todas as posibilidades que ofrecen os nosos centros históricos".

Precisamente, a problemática derivada da xestión do patrimonio e os custosos gastos de mantemento, foi un dos aspectos abordados na reunión. "Somos un Grupo cohesionado, que defende intereses comúns. Por iso, ademais de poñer en marcha protocolos de actuación e guías hixiénico sanitarias comúns para a conservación do patrimonio, queremos reclamar que se axilicen as axudas do 1,5% Cultural, destinadas a financiar os traballos de conservación do patrimonio histórico do noso país", engadiu o presidente.

Segundo explicou Antonio Rodríguez Osuna, a subvención nominativa de 210.000 € destinarase a "seguir traballando para poñer en marcha numerosas iniciativas, en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte, enfocadas a seguir dinamizando e poñer en valor o Patrimonio Mundial das nosas cidades, con propostas que abarcan dende a renovación da sinaléctica e creación de novos mapas turísticos co logotipo da Unesco, ademais de apoiar que todas as cidades do Grupo teñan canto antes o necesario plan de xestión dos centros históricos, ao que obriga a inscrición na Lista de Patrimonio Mundial".

"Poñer en valor e gozar do noso patrimonio representa un desafío e unha gran oportunidade nesta crise", engadiu o presidente da Comisión, poñendo o acento en "a xeración de novas experiencias: As nosas cidades ofrecen un patrimonio aberto e temos un gran potencial para desenvolver novos usos do patrimonio e gañar a rúa. Os nosos centros históricos están ao aire libre e os museos son as mesmas rúas, o que supón unha gran vantaxe competitiva para nosas 15 cidades". 
Comentarios