Baixan en 66 os casos activos en Galicia, 11 menos en Santiago

Baixan en 66 os casos activos en Galicia, 11 menos en Santiago
Baixan en 66 os casos activos en Galicia, 11 menos en Santiago

Un total de 8.283 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.008, 66 menos que onte. Deles 494 son da área da Coruña (-22), 122 da de Lugo (+5), 320 da de Ourense (-1), 107 da de Pontevedra (-1), 478 da área de Vigo (-34), 413 da de Santiago (-11), e 74 da de Ferrol (-2).

Do total de pacientes positivos, 22 permanecen en UCI, 111 están en unidades de hospitalización e 1.875 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.283 persoas curadas, rexistrándose 601 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 122.456. 

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,8% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.


Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios