Cámara de Comercio de Santiago e Sabadell únense para dar liquidez a empresarios e autónomos

Cámara de Comercio de Santiago e Sabadell únense para dar liquidez a empresarios e autónomos
Cámara de Comercio de Santiago e Sabadell únense para dar liquidez a empresarios e autónomos

Para dar liquidez a empresarios e autónomos, a Cámara de Comercio e Sabadell Gallego chegan a un acordo para que os solicitantes das liñas de financiamento avaladas polo ICO, dispoñan dun anticipo inmediato.

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e Sabadell Gallego formalizaron un Acordo, para activar unha liña de prefinanciación urxente, para responder as necesidades de liquidez inmediata que poidan ter empresas e autónomos, para cubrir as súas necesidades ata que poidan dispoñer do financiamento definitivo con aval público (Avais COVID-19 de ICO), que deberán ter previamente solicitada e autorizada. As operacións de prefinanciación contempladas no Acordo poderán ter un prazo máximo de 3 meses. Sabadell Gallego comprométese a dar resposta nun prazo máximo de 7 días ás solicitudes de operacións desta liña.

En definitiva, esta liña consegue cubrir cos anticipos a liquidez necesaria e palía as posibles demoras na disposición dos fondos do financiamento con aval público. A liña de anticipos cuantifícase en 10 millóns de euros –utilizando o convenio vixente coa Cámara que prevé a posta ao dispor dos seus asociados de financiamento total por importe de 50 millóns de euros. 

Segundo o Director Xeral de Sabadell Gallego, Pablo Junceda: “Estamos a vivir unha situación de auténtica emerxencia financeira que como toda emerxencia require respostas rápidas e eficaces. A nosa vontade de apoio ao empresario e autónomo é máxima. Queremos formar parte da solución”.

Para o presidente da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, José Sierra: “Este acordo é unha aposta para que empresarios e autónomos accedan á necesaria liquidez que lles permita manter o tecido produtivo e encarar con garantía a recuperación. O obxectivo da Cámara nestes difíciles momentos é axudar ao tecido económico e empresarial apoiando a continuidade das empresas”.

Comentarios
Lo más