O Pino merca dispensadores de xel para colocar na vía pública e cederlle aos negocios abertos

O Pino merca dispensadores de xel para colocar na vía pública e cederlle aos negocios abertos
O Pino merca dispensadores de xel para colocar na vía pública e cederlle aos negocios abertos

Colocaranse dispensadores de pedal nos lugares máis concorridos para facilitar medidas de hixiene á veciñanza

O Concello de O Pino acaba de mercar dúas partidas de dispensadores de xel hidroalcohólico para a desinfección de mans. Uns son para colocar na vía pública, accionados con pedal, e outros para cederlle aos establecementos que estean abertos ao público ou abran proximamente.

Os dispensadores de exterior colocaranse na vía pública, naqueles lugares máis concorridos pola veciñanza, como poden ser preto de supermercados, farmacias ou prazas, para facilitarlle a veciñanza que se poida desinfectar as mans. Para evitar contaxios da COVID-19, a saída do xel activarase cun pedal, de xeito que ninguén teña que tocar o dispensador coa man.

O Concello tamén mercou un cento de dispensadores de 2 litros de xel, que lle entregará a todos os establecementos do municipio que xa están abertos ao público. Aqueles que vaian abrindo nas vindeiras semanas tamén recibirán un destes utensilios, para facilitarlles aos clientes que se acheguen ao establecemento medidas de protección contra a COVID-19.

O Concello entregará estes botes cheos de xel e logo será cada negocio quen deberá encargarse do subministro do líquido desinfectante. Se algún establecemento non recibe este material, pode poñerse en contacto coas oficinas municipais para solicitalo.

Os dos tipos de dispensadores xa foron adquiridos polo Concello, que agora está a espera de que os provedores entreguen o pedido a finais da próxima semana e se comecen a colocar nas rúas e facilitarllos aos comerciantes do municipio. 

Comentarios