Os casos activos en Galicia baixan en 311 situándose en 1.199, 187 en Santiago

Os casos activos en Galicia baixan en 311 situándose en 1.199, 187 en Santiago
Os casos activos en Galicia baixan en 311 situándose en 1.199, 187 en Santiago

Un total de 9.155 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.199, 311 menos que onte. Deles 277 son da área da Coruña (-54), 77 da de Lugo (-22), 209 da de Ourense (-68), 62 da de Pontevedra (-31), 352 da área de Vigo (-49), 187 da de Santiago (-57), e 35 da de Ferrol (-30).

Do total de pacientes positivos, 18 permanecen en UCI, 94 están en unidades de hospitalización e 1.087 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.155 persoas curadas, rexistrándose 606 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 125.832.

Complétase a revisión no descenso de casos activos, de acordo coa última definición de caso publicada polo Ministerio de Sanidad de data 12 de maio, (cando se trate de probas diagnósticas que precisen confirmación por PCR non procedería abrir caso á espera do resultado de PCR). Procede deixar de considerar casos activos aqueles anteriores á devandita instrución nos que se comprobou que xa existe unha PCR negativa posterior á proba diagnóstica.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,6% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.


Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios
Lo más