Ascensión, perdida. Apóstol, solo se hai rebrote

Ascensión, perdida. Apóstol, solo se hai rebrote
Ascensión, perdida. Apóstol, solo se hai rebrote

Este xoves é festivo na cidade con motivo dunha festa da Ascensión que non se pode celebrar

Esta semana en roda de prensa o alcalde era preguntado polo destino dos fondos destinados ás suspendidas festas da Ascensión, anunciou que irán para a Festa da Primavera, que está previsto celebrar entre o 25 e o 28 de xuño. Indicou que se está falando sobre a mesma coas asociacións de comerciantes e que irá vinculada a unha campaña titulada "Eu merco aquí", que estará en marcha do 25 de maio ao 28 de xuño. Os detalles serán presentados a próxima semana.

En canto as festas do Apóstolo, o alcalde mantivo a intención de celebralas, eso sí  serían con espectáculos de menor formato e con propostas culturales de proximidade. Solo contempla a súa suspensión no caso de que houbese un rebrote da covid-19 . Sobre as festas do Apóstolo, afirmou que "sería un enorme disgusto que non se puideran celebrar" e que só contempla unha suspensión "no caso de que houbera un rebrote, o cal sería un desastre sanitario e un desastre económico". 

Comentarios
Lo más