Continúa o bo tempo en Compostela

Continúa o bo tempo en Compostela
Continúa o bo tempo en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 25 graos

Galicia continuará baixo o dominio das altas presións. Deste xeito, os ceos estarán despexados en xeral con intervalos de nubes altas que non impedirán o paso do sol. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, acadándose valores elevados pola tarde. O vento soprará frouxo de dirección variable en xeral, sendo do nordés pola tarde no litoral norte.

En Santiago espéranse ceos pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para as mínimas e altas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas sen cambios. No referido ó estado da calidade do aire, manterase admisible en xeral. 



Comentarios
Lo más