Os casos activos en Galicia baixan en 28 situándose en 1.171, 182 en Santiago

Os casos activos en Galicia baixan en 28 situándose en 1.171, 182 en Santiago
Os casos activos en Galicia baixan en 28 situándose en 1.171, 182 en Santiago

 Un total de 9.204 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.171, 28 menos que onte. Deles 276 son da área da Coruña (-1), 75 da de Lugo (-2), 207 da de Ourense (-2), 57 da de Pontevedra (-5), 339 da área de Vigo (-13), 182 da de Santiago (-5), e 35 da de Ferrol (=).

Do total de pacientes positivos, 17 permanecen en UCI, 93 están en unidades de hospitalización e 1.061 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.204 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 126.758.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,6% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros. 

Comentarios
Lo más