O Multiusos pode usarse sempre que poda liberarse en 24 horas para crear o hospital de campaña

O Multiusos pode usarse sempre que poda liberarse en 24 horas para crear o hospital de campaña
O Multiusos pode usarse sempre que poda liberarse en 24 horas para crear o hospital de campaña

É unha das instalacioóns que a Xunta se comprometeu a converter en hospital de campaña en 5 días se fose necesario

O Goberno local tomou en coñecemento un escrito da Xerencia do Sergas no que se solicita que se manteña a dispoñibilidade do Multiúsos do Sar por se fora necesario habilitalo como hospital de campaña, xa que no plan autonómico de desescalada remitido a Madrid se inclúe o compromiso de poder activar este hospital, se fora necesario, nun prazo de 5 días. Por iso, comunícase a XADE que pode dispor das instalacións sempre que poida garantir a plena dispoñibilidade das mesmas en 24 horas para proceder á montaxe do devandito hospital. 

O polideportivo é unha das instalacións incluídas pola Xunta no seu plan de desescalada e serviría para ampliar as camas de hospitalización se un novo brote así o esixe. No plan do Goberno galego recóllese que estas camas terían que estar operativas nun plazo de cinco días. 

Comentarios
Lo más