Realízanse traballos de acondicionamento na área fluvial de Tapia e nas piscinas municipais de Bertamiráns e Milladoiro

Realízanse traballos de acondicionamento na área fluvial de Tapia e nas piscinas municipais de Bertamiráns e Milladoiro
Realízanse traballos de acondicionamento na área fluvial de Tapia e nas piscinas municipais de Bertamiráns e Milladoiro

O obxectivo é  que se encontren en óptimas condicións de cara a súa apertura, a cal se realizará seguindo as recomendacións ditaminadas polo goberno central. Entre as medidas a adoptar para a próxima apertura encóntrase a ventilación de espazos pechados, a limpeza e desinfección do mobiliario e o tratamento da auga dos vasos.

O persoal da brigada municipal de obras comezaron a semana pasada, e continúan nesta semana, cos traballos de acondicionamento da área fluvial de Tapia. A semana pasada acondicionouse a zona de aparcamento, achanzando o terreo e enchendo os buratos con xabre.


Ademais, estase a preparar o peche perimetral da piscina, que rompe polas crecidas do río Tambre ao seu paso por este lugar, cortando a herba, así como sacando terra e lavando a presión o muíño e mailos camiños desta área recreativa.

En canto aos traballos de acondicionamento das piscinas municipais descubertas de Bertamirás e Milladoiro, estes levaranse a cabo nos vindeiros días, e seguindo as medidas ditaminadas polo Ministerio de Sanidade.

Medidas recomendadas polo Ministerio de Sanidade que se levarán a cabo antes da apertura das piscinas

O Ministerio de Sanidade publicou unha serie de medidas que están orientadas tanto para antes da reapertura das piscinas como para despois da mesma. Teñen como finalidade conseguir que tanto as instalacións como a auga do vaso se encontren libres de microorganismos patóxenos e de substancias que poidan afectar negativamente na saúde do usuario.

En canto as medidas a adoitar antes da reapertura das instalacións encóntranse a prevención de riscos laborais para socorristas e traballadores. Inclúe avaliar o risco de cada posto de traballo, proporcionar información e formación sobre como previr o contaxio, un distanciamento físico de dous metros, reforzar a hixiene persoal do lavado de mans e hixiene respiratoria, limpeza e desinfección de espazos e superficies e, en certas situacións, o uso de equipos de protección. Tendo en conta que a mellor protección dos traballadores se obtén a través dunha combinación de todas as medidas posibles.

Outra das medidas é a ventilación de espazos pechados, tales como vestiarios, botiquín e salas técnicas, xa que o amontoamento e a ausencia de ventilación son factores que favorecen a transmisión do virus. Engádeselle a limpeza e desinfección do mobiliario. A primeira, como medio de eliminar sucidade e impurezas, e a segunda, destinada a eliminar ou reducir de maneira significativa a carga microbiana das superficies.

Asemade, realizarase un tratamento da auga dos vasos, cunha depuración física e química da auga e a renovación mediante adición da auga de aporte. Así como a realización de controis operativos ou cotiáns que poñen de manifesto a eficacia das actuacións seguindo o descrito nos Anexos I e II do Real Decreto 742/2013, do 27 de setembro, a través do cal se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas..

Cómpre lembrar que non existe ningunha evidencia de que o virus que causa Covid-19 poida transmitirse ás persoas a través da auga en piscinas, jacuzzis ou spas.

Finalmente, realizadas estas medidas de prevención, procederase segundo remita o goberno central, á apertura das piscinas. Esta apertura farase cunha serie de medidas e recomendacións que tamén serán publicadas nesta mesma páxina web, e que terán como obxectivo manter un adecuado novel de hixiene nas instalacións e un correcto tratamento da auga para asegurar que a piscina sexa un lugar seguro tras a súa reapertura.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, di que "a actividade municipal non para a pesar desta situación que estamos atravesando, e estas son unhas actuacións que entran dentro da programación habitual do concello". Continua afirmando que "traballamos para que tanto a área recreativa de Tapia, como as piscinas municipais se atopen no mellor estado posible de cara ao verán, e para que os veciños e veciñas do noso concello poidan desfrutar o máximo posible des pois de meses de confinamento.

Susana Señorís, concelleira de Deportes, expón que "a previsión é ter as piscinas listas e preparadas para cando a normativa o permita. O mantemento das mesmas xa empezou, para ter todo a punto"; indica, ademais que "se tomarán as medidas con respecto a desinfección, aforo, protocolos, etc. que se remitan desde os organismos competentes". Remata solicitando "comprensión e respecto polas normas de uso para unha situación tan excepcional como a que nos atopamos


Comentarios
Lo más