O bo tempo seguirá sendo protagonista en Compostela

O bo tempo seguirá sendo protagonista en Compostela
O bo tempo seguirá sendo protagonista en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 28 graos

As altas presións iranse retirando lentamente durante esta xornada, permitindo a chegada dunha masa de aire algo máis húmida ao litoral atlántico. Isto deixará unha xornada de ceo pouco anubrado ou despexado no interior, pero con brétemas costeiras no litoral. Pola tarde medrarán nubes de evolución en puntos illados do interior, que mesmo poderán dar lugar a chuvascos treboentos.

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente; as temperaturas máximas descenderán no litoral, mentres que continuarán ascendendo no interior. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste.

En Santiago espéranse ceos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e altas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán moderadamente.

Comentarios
Lo más