Os casos activos en Galicia baixan en 73 situándose en 1.063, 168 en Santiago

Os casos activos en Galicia baixan en 73 situándose en 1.063, 168 en Santiago
Os casos activos en Galicia baixan en 73 situándose en 1.063, 168 en Santiago

Un total de 9.411 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.063, 73 menos que onte. Deles 285 son da área da Coruña (+2), 69 da de Lugo (-3), 171 da de Ourense (-19), 51 da de Pontevedra (-5), 290 da área de Vigo (-38), 168 da de Santiago (-8), e 29 da de Ferrol (-2).

Do total de pacientes positivos, 16 permanecen en UCI, 79 están en unidades de hospitalización e 968 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.411 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 128.856.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,5% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

** Unha das persoas finadas en hospital procedente dunha residencia xa estaba incluída no cómputo global de éxitus. Hoxe coñécese que esta persoa procedía dunha residencia e por iso se suma ao cómputo de falecidos de residencia en hospital, pero non se volve sumar ao cómputo global.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros. 

Comentarios
Lo más