Os centros socioculturais celebrarán o Día Internacional do Xogo cunha xornada de xogos en liña o xoves 28 de maio

O xoves 28 de maio celebrarase o Día Internacional do Xogo 2020.

 Para celebralo, nestas circunstancias especiais do COVID-19, a rede de centros socioculturais preparou unha xornada de xogos en liña. As inscricións están abertas ata o mesmo 28 de maio, ata esgotar prazas, no teléfono 981 543 017.

Esta xornada de xogos está destinada a nenos e nenas de 6 a 12 anos, establecéndose dúas quendas: unha ás 18:00 e outras ás 19:00 horas. En cada centro sociocultural realizarase un tipo de xogos:

- CSC de Vite: Xogos reunidos.
- CSC das Fontiñas: Misión imposible.
- CSC de Santa Marta: Piratas: aventura e diversión.
- CSC da Trisca: Papiroflexia.
- CSC do Castiñeiriño: Xogo de rol.
- CSC de Conxo: Xincana de xogos e adiviñas. 
Comentarios
Lo más