Día festivo sen festa da Ascensión, pero con sol e boas temperaturas

Día festivo sen festa da Ascensión, pero con sol e boas temperaturas
Día festivo sen festa da Ascensión, pero con sol e boas temperaturas

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 25 graos

Sen cambios significativos para esta xornada, continuaremos polo tanto coas altas presións lixeiramente retiradas ao sur, o que permite a chegada de humidade. Así, agárdanse ceos pouco anubrados con nubes de tipo medio e alto. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable.

En Compostela agárdase unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados, ocasionalmente moi anubrados. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e altas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que descenderán moderadamente.

Comentarios
Lo más