Os casos activos en Galicia baixan en 73 situándose en 990, 161 en Santiago

Os casos activos en Galicia baixan en 73 situándose en 990, 161 en Santiago
Os casos activos en Galicia baixan en 73 situándose en 990, 161 en Santiago

Un total de 9.505 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 990, 73 menos que onte. Deles 252 son da área da Coruña (-33), 63 da de Lugo (-6), 160 da de Ourense (-11), 50 da de Pontevedra (-1), 273 da área de Vigo (-17), 161 (-7) da de Santiago, e 31 da de Ferrol (+2).

Do total de pacientes positivos, 13 permanecen en UCI, 72 están en unidades de hospitalización e 905 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.505 persoas curadas, rexistrándose 608 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 130.424.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,4% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros. 

Comentarios
Lo más