Aumentan as nubes pero sigue o bo tempo en Compostela

Aumentan as nubes pero sigue o bo tempo en Compostela
Aumentan as nubes pero sigue o bo tempo en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 22 graos

O venres unha fronte moi pouco activa chegará a Galicia, deixando un aumento de nubes que serán máis compactas na franxa costeira, con orballos que durante a mañá se rexistrarán no litoral oeste e co avance da tarde chegarán ao norte da provincia de Lugo. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios, con lixeiros ascensos na metade norte e as máximas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará moi frouxo, comezando de compoñente sur e virando a compoñente norte co avance do día.

En Santiago o ceo alternará períodos pouco anubrados ou despexados con outros ocasionalmente con nubes e claros ou moi anubrados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios aínda que oscilarán.



Comentarios
Lo más