Os casos activos en Galicia baixan en 70 situándose en 920, 161 en Santiago

Os casos activos en Galicia baixan en 70 situándose en 920, 161 en Santiago
Os casos activos en Galicia baixan en 70 situándose en 920, 161 en Santiago

Un total de 9.607 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 920, 70 menos que onte. Deles 225 son da área da Coruña (-27), 60 da de Lugo (-3), 141 da de Ourense (-19), 40 da de Pontevedra (-10), 265 da área de Vigo (-8), 161 da de Santiago (=), e 28 da de Ferrol (-3).

Do total de pacientes positivos, 12 permanecen en UCI, 72 están en unidades de hospitalización e 836 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.607 persoas curadas, rexistrándose 610 falecementos.

** O último falecemento rexistrado en Galicia por coronavirus correspóndese cunha muller de 65 anos que estaba ingresada no CHUS e presentaba patoloxía previas.

O número de PCR realizadas é de 131.948. 

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,4% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.


Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios
Lo más