A fin de semana comeza sen cambios en Compostela

A fin de semana comeza sen cambios en Compostela
A fin de semana comeza sen cambios en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 21 graos

O sábado irase reforzando a influencia anticiclónica sobre Galicia. Así, comezaremos o día con intervalos anubrados no terzo norte e ceos máis dexpexados no resto; bancos de néboa en puntos do interior. Pola tarde os ceos estarán pouco anubrados, con nubes altas. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente norte, aumentando en intensidade á tarde no litoral, mesmo con intervalos fortes.

En Santiago prevense ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, aínda que ocasionalmente tornarán con nubes e claros. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado, a pesar de que oscilarán.

Comentarios