Os casos activos en Galicia baixan en 36 situándose en 884, 151 en Santiago

Os casos activos en Galicia baixan en 36 situándose en 884, 151 en Santiago
Os casos activos en Galicia baixan en 36 situándose en 884, 151 en Santiago

Un total de 9.684 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 884, deles 221 son da área da Coruña, 56 da de Lugo, 127 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 264 da área de Vigo, 151 da de Santiago, e 28 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 66 están en unidades de hospitalización e 807 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.684 persoas curadas, rexistrándose 612 falecementos.

** Os dous últimos falecementos rexistrados en Galicia por coronavirus correspóndense cun home de 79 anos que estaba ingresado no Chuac e unha muller de 88 que estaba ingresada no Chuo; ámbolous dous presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 133.153.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,3% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios
Lo más