Piden ao Concello que explore as posibilidades de que a cidade sexa incluída na Volta Ciclista a España 2020

Piden ao Concello que explore as posibilidades de que a cidade sexa incluída na Volta Ciclista a España 2020
Piden ao Concello que explore as posibilidades de que a cidade sexa incluída na Volta Ciclista a España 2020


Para o concelleiro Popular, Evaristo Ben, sería de gran interés que a capital de Galiciafose o escenario da xornada de descanso prevista para o día 2 de novembro, entre as etapas 12 e 13, con remate no Alto de l’Angliru e no miradoiro do Ézaro, respectivamente, dentro do percorrido desta importante proba internacional


O Grupo Municipal Popular presentará no Pleno ordinario desde mes de maio una moción na que se lle solicita o Goberno de Sánchez Bugallo que explore as posibilidades para que a cidade de Santiago sexa incluída no percorrido da Volta Ciclista a España, que se desenvolverá entre os días 20 de outubro e 8 de novembro deste ano.

Para o concelleiro Popular, Evaristo Ben,, sería de gran interés que a capital de Galiciafose o escenario da xornada de descanso prevista para o día 2 de novembro, entre as etapas 12 e 13, con remate no Alto de l’Angliru e no miradoiro do Ézaro, respectivamente, dentro do percorrido desta importante proba internacional.

Cómpre valorar o impacto e a transcendencia mundial desta tradicional proba ciclista, que se retransmite a 190 países do mundo, cunha media de 1,5 millóns de espectadores por etapa, ademais da propia actividade que se xera ao seu paso, ao mover ao seu arredor a unhas 2.500 persoas.

Este Grupo Municipal considera que para Santiago, que xa acolleu a meta da última etapa desta proba ciclista en 1993 e 2014, a edición deste ano 2020 sería unha gran ocasión para reactivar o turismo e a hostalería, como un revulsivo tras a crise sanitaria e económica do coronaviruis e tamén como unha forma de proxección para o inminente inicio do Ano Santo.


A principios deste mes de maio dábase a coñecer o calendario da Volta Ciclista a España para este ano 2020, despois de varias modificacións condicionadas pola situación de crise sanitaria mundial. Así, segundo as previsións anunciadas, que foron incluídas no calendario World Tour da Unión Ciclista Internacional, a proba terá 18 etapas, das que 3 se celebrarán en Galicia, cunha distancia total de 2.847 km, con inicio en Irún e remate en Madrid.

Paso por Galicia

A chegada a Galicia de “La Vuelta” está prevista despois do remate dunha das etapas “clásicas” da rolda española por terras asturianas que culminará no Alto de l’Angliru, o domingo 1 de novembro.

O luns, día 2 de novembro, o calendario marca unha xornada de descanso na provincia da Coruña, como preámbulo doutra das etapas máis espectaculares desta proba: a única contrareloxo individual entre Muros e o miradoiro do Ézaro en Dumbría, de 33,5 km, prevista para o martes 3 de novembro. 

Nas xornadas seguintes disputaranse as etapas Lugo-Ourense e Mos-Matosinhos, os días 4 e 5 de novembro, respectivamente, para atravesar despois Portugal e continuar pola cidade salmantina de Ciudad Rodrigo.

Tendo en conta estas previsións e que, tal e como fixo público recentemente o principal responsable da organización, aínda se mantén algunha incerteza sobre a plena confirmación da celebración nestas datas, o certo é que se están a ultimar os preparativos do percorrido.

Esta circunstancia podería ser unha oportunidade para posicionar á cidade de Santiago nese percorrido, como punto de referencia para o descanso, o luns 2 de novembro, entre as dúas singulares etapas de l’Angliru e o miradoiro do Ézaro.

Comentarios
Lo más