Domingo de moita calor en Compostela

Domingo de moita calor en Compostela
Domingo de moita calor en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 27 graos

O domingo Galicia queda na influencia das altas presións, con réxime de ventos do nordés. Así, comezaremos o día con intervalos de nubes altas en xeral e nubes baixas ao norte da provincia de Lugo. Co avance da xornada os ceos quedarán despexados, con formación de nubes de evolución á tarde no leste. As temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado. O vento soprará do nordés, entre frouxo e moderado no interior, con intervalos fortes no litoral noroeste e con réxime de brisas nas Rías Baixas.

En Santiago espéranse ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, aínda que ocasionalmente tornarán con nubes e claros. As temperaturas serán normais para as mínimas e altas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso notable, a pesar de que oscilarán.



Comentarios
Lo más