O Pino reparte 2.000 máscaras infantís entregándolle catro a cada neno e nena de 4 a 14 anos

O Pino reparte 2.000 máscaras infantís entregándolle catro a cada neno e nena de 4 a 14 anos
O Pino reparte 2.000 máscaras infantís entregándolle catro a cada neno e nena de 4 a 14 anos

O Concello de O Pino xa recibiu as 2.000 máscaras infantís que mercou para repartir entre os nenos e  nenas de 4 a 14 anos do municipio.

O material chegou onte ao concello e durante a fin de semana vanse repartir entre a rapazada das trece parroquias, entregándolle 4 máscaras a cada menor.

Con esta iniciativa, o Concello completa a entrega de material de protección á toda a veciñanza, despois de repartir 10.000 máscaras entre as persoas maiores de 14 anos empadroadas no municipio.

Para colaborar co comercio local, o Concello tamén lle vai entregar dispensadores de xel hidroalcohólico a cada establecemento que estea aberto ao público ou vaia abrindo nos vindeiros días. Con estes dispensadores, de 2 litros de capacidade, o goberno local quere colaborar cos comerciantes do municipio, para que lle ofrezan medidas de desinfección de mans aos seus clientes.

Tamén se van colocar dispensadores de xel hidroalcohólico na vía publica, nos lugares máis transitados, que se accionan cun pedal, para facilitar a desinfección de mans á veciñanza.

Estes dispensadores xa foron mercados polo Concello, que está a espera de que os subministren os provedores para instalalos nas rúas e entregarllos aos comerciantes.

Comentarios