Os casos activos en Galicia baixan en 15 situándose en 854, 145 en Santiago

Os casos activos en Galicia baixan en 15 situándose en 854, 145 en Santiago
Os casos activos en Galicia baixan en 15 situándose en 854, 145 en Santiago

Un total de 9.740 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 854,15 menos que onte. Deles 207 son da área da Coruña (-8), 58 da de Lugo(=), 127 da de Ourense (+3) , 36 da de Pontevedra (-1), 255 da área de Vigo (-6), 145 da de Santiago (-2), e 26 da de Ferrol (-1).

Do total de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 60 están en unidades de hospitalización e 783 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.740 persoas curadas, rexistrándose 614 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 135.464. 

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,3% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.


Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios