Piden que os bonos municipais para a adquisición de alimentos sexan compatibles coas axudas de comedor escolar

Piden que os bonos municipais para a adquisición de alimentos sexan compatibles coas axudas de comedor escolar
Piden que os bonos municipais para a adquisición de alimentos sexan compatibles coas axudas de comedor escolar

Compostela Aberta preguntará no Pleno polas familias que non puideron acceder aos tíckets por ter ao cargo algún menor beneficiario da bolsa de comedor

Compostela Aberta trasladará ao Pleno do próximo xoves as queixas que ven recibindo o grupo municipal sobre a incompatibilidade dos bonos para a adquisición de alimentos e produtos de hixiene básica que puxo en marcha o Concello coa crise da Covid-19, coas axudas en especie que están recibindo os nenos e nenas beneficiarios das bolsas de comedor na modalidade de escaseza de recursos. CA entende que “a entrega de menús semanais non debera impedir acceder aos tíquets, que están pensados para a compra non só de alimentación, e que permitirían ás familias atender as necesidades alimentarias de todos os seus membros”.

Compostela Aberta preguntará no próximo Pleno cantas familias quedaron sen cobertura no Programa de adquisición de alimentos e productos de hixiene básica por ter ao cargo menores beneficiarios do programa de entrega de menús refrixerados das bolsas de comedor. Segundo o informe do departamento de Servizos Sociais do 9 de abril, nesa data tíñanse entregado case 1.300 tíquets para a compra de alimentación e productos de hixiene básica, e 248 menores recibían comida refrixerada para os cinco días de semana. Con criterio xeral, tal e como apunta o departamento municipal, “ as familias que son beneficiarias desta medida de emerxencia non optan aos tíckets especiais para a adquisición de alimentos. Existen excepcións valoradas técnicamente, trátanse de casos onde existen varios menores na unidade de convivencia nos que parte son beneficiarios das bolsas municipais e os restantes non”. Pola contra, o Programa de adquisición de alimentos e hixiene básica sí é compatible coa percepción da Renda de Garantía Básica, que na actualidade tén 38 persoas beneficiarias fronte ás 126 coass que se pechou 2018.

O grupo municipal de CA lembra que “tal e como tén recoñecido o propio alcalde Bugallo, a crise da Covid-19 está poñendo ao descuberto a situación de vulnerabilidade na que se atopan moitas familias de Santiago”. De feito, segundo os últimos datos publicados, son máis de 1.200 familias as que están sendo auxiliadas para comer, e moitas delas nunca acudiran ao departamento de Servizos Sociais.

Comentarios