O alcalde intervirá este venres nun webinario sobre o turismo na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participará mañá venres no webinario "Turismo na Eurorregião Galiza – Norte de Portugal – Que Desafios?", no marco do 3º Fórum de Turismo Visit Braga. A sesión celebrarase entre as 16:00 e as 17:30 h (hora española). 

O obxectivo deste seminario web é analizar as perspectivas turísticas da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. Reflexionarase sobre as tendencias e desafíos que están xurdindo, e as estrategias que se poden adoptar en base á riqueza endóxena desta rexión para atraer máis turistas e superar as vicisitudes da situación actual a raíz da pandemia do COVID-19.

Ademais do rexedor compostelán, participarán como relatores o alcalde de Braga, Ricardo Rio; o presidente de Turismo Porto e Norte de Portugal, Luís Pedro Martins; e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Moderará o encontro Damião Pereira, do Diário do Minho.

A sesión retransmitirase en directo a través das páxinas de Facebook do Municipio de Braga e de Visit Braga

Comentarios