O Pleno aproba unha moción conxunta reclamando o IVE súper reducido do 4% para o sector cultural

O Pleno aproba unha moción conxunta reclamando o IVE súper reducido do 4% para o sector cultural
O Pleno aproba unha moción conxunta reclamando o IVE súper reducido do 4% para o sector cultural

A Corporación aprobou unha moción conxunta para reclamar o IVE súper reducido para o sector cultural

Así, acórdase trasladarlle ao Goberno do Estado a necesidade de considerar "a aplicación do IVE súper reducido do 4% a produtos, eventos, contratacións e actividades culturais para favorecer a igualdade de dereitos na participación nesta actividade e o apoio a este sector profesional". Solicítase que esta medida non supoña a exclusión de reducións similares noutros bens, servizos e sectores, especialmente nos que teñen que ver coa protección fronte ao coronavirus.

Na exposición de motivos resáltase a necesidade de "afortalar o sector cultural, para o que cómpre adoptar medidas como a redución do IVE cultural do 10% ao 4%, do mesmo xeito que se vén de realizar no libro electrónico, revistas e xornais dixitais para equiparalo ao tipo impositivo destes mesmos produtos en papel". Recórdase que esta é unha medida que tamén foi reclamada por representantes da industria cultural, xunto con outras específicas para este sector.

Neste sentido, indícase na moción, "a aplicación do IVE súper reducido do 4% no Estado español pode favorecer o mantemento de cines, museos, teatros, concertos e espectáculos ao vivo, así como as entradas a feiras e exposicións comerciais de cultura. Debe repercutirse tamén esta baixada nos servizos desenvolvidos por persoal técnico, artístico, de dirección e de produción de eventos culturais para que poidan retomar a súa actividade económica con maior facilidade". 

Plan de revitalización cultural
Seguindo coa cultura, aprobouse unha proposición presentada polo BNG para a posta en marcha dun plan de revitalización cultural consensuado co sector, co fin de "afianzar a programación artística e contribuír a garantir a súa viabilidade empresarial e o dereito cidadán de participar destes eventos adaptados ao contexto das consecuencias da pandemia do coronavirus. A medida foi votada a favor por PP, CA e BNG e recibiu a abstención do PSdeG-PSOE. 

Comentarios