Unha muller resulta ferida leve nun accidente en Brión

Unha muller resulta ferida leve nun accidente en Brión
Unha muller resulta ferida leve nun accidente en Brión

Colisionou cunha vivenda e unha luminaria pública da zona.

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión tivo que realizar unha actuación de auxilio este xoves pola  tarde nun accidente de tráfico que tivo lugar na estrada AC-300 Os Ánxeles-A Picaraña, á altura da parroquia de San Salvador (Brión). Un sinistro no que resultou ferida leve a condutora do vehículo, que colisionou cunha vivenda e unha luminaria pública da zona.

O accidente tivo lugar pasadas as 15:00 horas de hoxe xoves na aldea de Soutullos, concretamente á altura do cruzamento entre a AC-300 e a estrada municipal que conduce a Bastavaliños e á Igrexa de Bastavales.

Comentarios
Lo más