O anticiclón continúa mandando en Compostela

O anticiclón continúa mandando en Compostela
O anticiclón continúa mandando en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 17 e os 32 graos

Durante esta xornada agárdase predominio da influencia anticiclónica sobre Galicia, pero con certa inestabilidade atmosférica. Con esta situación, teremos ceos pouco anubrados ou despexados con presencia de brétemas no litoral, medrando nubes de evolución no interior durante a tarde, que mesmo deixarán algún chuvasco treboento. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios ou con lixeiros descensos no litoral norte. Os ventos soprarán frouxos, do nordés en xeral.

En Compostela agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán moi altas para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán moderadamente.




Comentarios
Lo más