Os casos activos en Galicia baixan en 24 situándose en 749, 136 en Santiago

Os casos activos en Galicia baixan en 24 situándose en 749, 136 en Santiago
Os casos activos en Galicia baixan en 24 situándose en 749, 136 en Santiago

Un total de 9.936 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 749, 24 menos que onte. Deles 170 son da área da Coruña (-9), 44 da de Lugo (-5), 82 da de Ourense (-7), 29 da de Pontevedra (-1), 269 da área de Vigo (+3), 136 da de Santiago (-3), e 19 da de Ferrol (-2).

Do total de pacientes positivos, 3 permanecen en UCI, 36 están en unidades de hospitalización e 710 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.936 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 141.331. 

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,1% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

** Unha das persoas finadas en hospital procedente dunha residencia xa estaba incluída no cómputo global de éxitus de onte. Hoxe coñécese que esta persoa procedía dunha residencia e por iso se suma ao cómputo de falecidos de residencia en hospital, pero non se volve sumar ao cómputo global.


Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios