A calor non marcha pero chega a chuvia

A calor non marcha pero chega a chuvia
A calor non marcha pero chega a chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 17 e os 29 graos

O domingo quedaremos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, co que se agarda un aumento da inestabilidade atmosférica. Así, os ceos permanecerán con nubes e claros en xeral, con formación de chuvascos pola tarde localmente tormentosos, máis probables e intensos no interior. Brétemas costeiras que se irán disipando co avance do día. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de dirección variable.

En Compostela agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o domingo, o luns e o martes pola tarde. As temperaturas serán moi altas para esta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en descenso moderado.

Comentarios
Lo más