Os pensionistas volven ao Obradoiro este luns

Os pensionistas volven ao Obradoiro este luns
Os pensionistas volven ao Obradoiro este luns

Citaranse no Obradoiro ás 11 da mañá

A concentración dos pensionistas de Compostela pasa do virtual ao real de novo. Este luns,  un de Xuño, concentraranse na praza do Obradoiro,ás 11 da mañá, en defensa dos servizos públicos e das pensións.

Dada a situación actual, dende a organización avisan de que na autorización da Subdelegación do Goberno indícanse as medidas seguintes:

➡Resulta obrigatorio o uso de máscara nas condicións que establece a Orde SND/422/2020 do 19 de maio

➡Deberase manter unha distancia entre os participantes de polo menos 2 metros

➡Os participantes nesta convocatoria deberán en todo momento obedecer as indicacións das Forzas ecorpos de Seguridade, incluíndo a permanencia nas zonas que no seu caso estivesen acoutadas para a súa celebración.

➡Non se poderán empregar en toda a duración desta convocatoria ningún tipo de artificio pirotécnico de ningunha categoría, para evitar a posible causación de danos a persoas ou a bens.

Unha vez máis, os pensionistas queren trasladar ao Goberno do Estado que "non pararemos de mobilizarnos ata que: Se garantan as pensións nos Orzamentos e a súa revalorización de acordo ao IPC anual; se recolla na Constitución a garantía das pensións públicas, o seu sostemento, a revalorización anual segundo IPC e a suficiencia das pensións actuais e futuras; se derrogue o “factor de sostenibilidade” actual; pensións mínimas de 1.080 € que garantan poder vivir con dignidade conforme á Carta Social Europea, eliminación da fenda de xenero, entre outras….", apuntan.

Comentarios