As precipitacións chegaron para quedarse

As precipitacións chegaron para quedarse
As precipitacións chegaron para quedarse

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 27 graos

O luns continuaremos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións e con presenza de aire frío en altura, que será fonte de inestabilidade atmosférica. Así, comezaremos a xornada con nubes medias e altas e brétemas na costa. Co avance do día iranse formando nubes de evolución que deixarán chuvascos de carácter tormentoso probables en calquera punto do interior. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable pola mañá e de compoñente norte á tarde.

En Compostela espéranse ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Haberá néboas matinais o luns. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán altas para esta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en descenso notable. 



Comentarios
Lo más